Neko

5/25/2006


A choiva esvarando pola cara,
o olor da terra mollada,
o orballo, a xiada,
o agarimo do vento.

O verdor da nosa terra,
os montes de carballos,
o sabor da castaña,
as meigas, a queimada.

O moucho da noite,
o can ouveando a morte,
o gato ficando a lúa,
o canto do corvo e da curuxa.

Pelaxe de gaia
aquí GALIZA.