Neko

11/16/2005

E...con Estíbaliz fixemos...


1º.Na primeira sesión fixemos unha actividade que consistía en recordar un momento da nosa vida, eu lembrei:
...o día que chegou a miña gata á casa
...cando vivía no Burgo e a gata tumbaba no radiador
...da gaivota do instituto que está no mesmo lugar, día tras día
2º.Donas e cabaleiros benvidos á I Feira da Maquinaria Inventada:
Tempo noz (ou Gatocán 2000)
Esta máquina do tamaño dunha noz, ten moitos sensores de tódolos tipos, tamaños e cores. Ademais 2 botóns azuis, un pra acendela e outro para apagala. O demais vai todo por sensores.Serve para parar o tempo durante x minutos, o suficiente para erguerse sen présa pola mañá, constatar as ideas nun exame, pegarlle ao profesor nun ataque de histeria sen deixar de facerlle a pelota... é dicir, todo o que non podes ou non te atreves a facer, poderalo facer co Tempo Noz Gatocán 2000.Cando paras o tempo, toda a xente do teu redor fica queda, inmóbil, como na serie esa da bruxa Sabrina, pois parecido, só tes que darlle a un botón.Pero ademais, esta noz pode facer todo o que lle pidas: por exemplo, ese día que se te antoxaron unhas necoras feitas pola nai de Sabela, ou un caldiño da avoa,pois el traechos no instante; ou ese día que estás un pouco triste ou deprimida e te alegra e soluciona todos os teus problemas. Pero este último accesorio quitámosllo porque se non, a vida é moi aburrida.É perfecto, grazas a el estanse erradicando todas as enfermidades e xa non haberá fame no mundo. É o regalo perfecto para bautizos, comunións, vodas, cumpreanos ou calquera día para demostrarlle a esa persoa especial que lle importas.

1 Comments:

Blogger nathalia said...

Que útil! Eu quero un!
Este aparello é perfecto para solucionar todos os problemas da xente. Quen fala agora de extres? Oxalá que este aparello se logre inventar algún día.

06 febrero, 2006  

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home