Neko

6/12/2006

5/25/2006


A choiva esvarando pola cara,
o olor da terra mollada,
o orballo, a xiada,
o agarimo do vento.

O verdor da nosa terra,
os montes de carballos,
o sabor da castaña,
as meigas, a queimada.

O moucho da noite,
o can ouveando a morte,
o gato ficando a lúa,
o canto do corvo e da curuxa.

Pelaxe de gaia
aquí GALIZA.

1/11/2006

rEcÓrdAlO???




Pensa nun día calquera, 18 de abril do 1997, 6 de marzo do 2000... ¿recórdalo? é raro ¿verdade? ¿que sentes??

Síntome coma un títere
¿os fios do destino guiáronme?
ou quizás non
¿que tiña na miña mente?
¡que indiferente!
non o recordo
que impotente!

Miro cara ó futuro
sen perder o presente
polo menos o procuro
aínda que non sexa convincente
vivo no presente
vívoo impaciente.



11/21/2005

Texto en glíglico





Na terceira xornada do obradoiro, lemos contos no idioma inventado por Julio Cortázar, o glíglico.Cada un de nós fixemos un texto cun novo idioma inventado.
O meu é este:
Suria era unha rapaza nurllada, cunha dita nurllada.Un día ralatadamanta nurllada cusa talla fisando los duberes de matamátalas lukou cara a fustra e veu un corto, pese as landas e duchos, para ela era un animal formidable. Queríao vir millor, máis curca e sullou para fora. Facía un pouco de cool porque era palado, polo tunto abua setas. Púxose a mubolar e veu unha chuta veri tranoda, un feixado de setas sitadas todas elas nun cicato moi mamplado, duns 10 metros de danado; rodeouno e unha expleda fusa chutouna cara o pico do cicato. Atunda que a vexuta estaba plumada sentouse nela e pechou os quitos. Cando us chatriu osbiu un ser tranodo, pachado a un tranifo. Asullouse, deu un briunco e pichouse, pra complatar se estaba mustada, pero non. Achegáronse máis tranifos e lukabaan con chata de amizablada, pero ela non se chuititaba, quería fuxa sutando, pero por una tranoda sutón, non canía. Un dos tranifos deulle a manta e sitou unha sitation rara pero pasanada. Nusqui se sitara pachado, era como tarara pillo da naratada nu seu contaplado, estaba como na gaia. Sentíase naratada, olía a naratada, tocábaa naratada, escutaba a naratada, pero desubolso o tranifo dicalto “musi misaba” e deulle un bico. Caeu o chun e situase coma si fichera toda a fita cos tranifos, pero eles non estaban alí. Erchoto e non viu o cicato de setas, estaba moi descontranada. Futa un musto?Mirou cara o curto e singuía lí, desubolso o corto chutou valando e ela sutou cara su queli. Oliu as llúas mantas e olían a natada. Ela o untendía tuto e sitábanse filata, esplata tular otra vez os tranifos e cuso no pitora nulla. Seguiu fachendo os duberes de matamatalas. Un tren sae a 70 km de...

11/16/2005

E...con Estíbaliz fixemos...


1º.Na primeira sesión fixemos unha actividade que consistía en recordar un momento da nosa vida, eu lembrei:
...o día que chegou a miña gata á casa
...cando vivía no Burgo e a gata tumbaba no radiador
...da gaivota do instituto que está no mesmo lugar, día tras día
2º.Donas e cabaleiros benvidos á I Feira da Maquinaria Inventada:
Tempo noz (ou Gatocán 2000)
Esta máquina do tamaño dunha noz, ten moitos sensores de tódolos tipos, tamaños e cores. Ademais 2 botóns azuis, un pra acendela e outro para apagala. O demais vai todo por sensores.Serve para parar o tempo durante x minutos, o suficiente para erguerse sen présa pola mañá, constatar as ideas nun exame, pegarlle ao profesor nun ataque de histeria sen deixar de facerlle a pelota... é dicir, todo o que non podes ou non te atreves a facer, poderalo facer co Tempo Noz Gatocán 2000.Cando paras o tempo, toda a xente do teu redor fica queda, inmóbil, como na serie esa da bruxa Sabrina, pois parecido, só tes que darlle a un botón.Pero ademais, esta noz pode facer todo o que lle pidas: por exemplo, ese día que se te antoxaron unhas necoras feitas pola nai de Sabela, ou un caldiño da avoa,pois el traechos no instante; ou ese día que estás un pouco triste ou deprimida e te alegra e soluciona todos os teus problemas. Pero este último accesorio quitámosllo porque se non, a vida é moi aburrida.É perfecto, grazas a el estanse erradicando todas as enfermidades e xa non haberá fame no mundo. É o regalo perfecto para bautizos, comunións, vodas, cumpreanos ou calquera día para demostrarlle a esa persoa especial que lle importas.

11/07/2005

DeSdE o 2o De OcTuBrO


Ola!
Desde o día 20 de octubro na clase de Técnicas de expresión escrita facemos un taller cunha escritora chamada
Estibaliz. A min persoalmente gustoume a forma que tivo para expresarse connosco, a súa forma de pensar... pareceume unha persoa interesante, e que podía transmitirnos moitas cousas de interese.
Todas as actividades que fixemos neste tempo están recollidas e explicadas por Estibaliz na páxina de
mensaxe nunha botella na que ela participa, aínda que está feita por nós, os alumnos de Técnicas de Expresión escrita de 4ºESO B.

10/26/2005

GAIA


Ola!
Son a autora deste blog.Espero que sea do teu agrado.Empezaremos polo principio,jeje,
GAIA. Se fas click sobre o hipervinculo, obteras información de toda a sua historia,dende a cultura grega,ata os nosos tempos.